Parque Creativo

Un lugar onde nacen proxectos.

Fútbol, música, foto, roupa e xente que fai cousas. Dende Vigo, en galego.

De onde vimos

Comezou cunha gorra bordada coa palabra parque. Despois chegaron un equipo de fútbol, tardes de música no baixo, fotos, roupa e moita xente con ganas de facer cousas. Esta é a casa de todo iso.

O que nace no parque

Proxectos

  1. FC

    Parque FC

    Ver →

    Fútbol popular. Campións da liga 2024/25.

  2. Roupa

    Parque Clothing

    Arquivo

    A roupa coa que empezou todo. Volverá como merch do colectivo.

  3. Xogos

    Sala de xogos

    Xogar →

    Minixogos feitos na casa. O primeiro: Pena máxima.

  4. Música

    Tardeos

    En breve

    Música en directo, amigos e amigos de amigos. Entrada de balde.

  5. Xente

    Casa Parque

    Pronto

    Xente creativa de Galicia, nun só sitio.

  6. Tenda

    Tenda

    Pronto

    Fotolibros, prints, edicións e produtos da casa.

Unha persoa de costas coa manga longa de Parque: raias e a sinatura en vermello
Parque Clothing · manga longa

Arquivo

A roupa foi o primeiro parque.

Tiradas curtas, serigrafía e bordado en Galicia. O stock antigo volverá na tenda, e o novo sairá como merch do colectivo.

Pronto

Casa
Parque

Un arquivo de xente creativa en Galicia: amizades e proxectos que fan cousas boas e que se poden contratar.

Dar eco

Tes un proxecto independente? Queremos velo.

  1. Mándanos unha captura ou unha ligazón.
  2. Mirámolo con calma.
  3. Se encaixa, contámolo aquí.

Escríbenos por Instagram