Tanda de penaltis

PAR0
RIV0

Rolda 1

Tiros deles

Resaca
Resaca

Repetición · toca para saltar

Directo da festa · toca para saltar

Rayco celebra un gol de xeonllos e cos brazos abertos, ao solpor

Pena máxima

O xogo de penaltis de Parque FC. Chuta, para e sube ao ranking do mes.

Xa tes conta?

Pena máxima

Boas tardes

Hoxe, de que xogas?

Máis modos

Escolle rival

Tanda · paso 1 de 3

Aliñación

Tanda · paso 2 de 3

Orde de lanzamento

Toca un oco e despois un xogador para cambialos.

    Plantilla

      Día de partido

      Tanda · paso 3 de 3

      Parque FC
      contra
      Rival

      Consello

      Partido en pausa

      Pausa

      Tanda de penaltis · Resultado final

      Parque FCcontraRival

      00

      Compartir

      Para as historias

      Resultado da tanda de penaltis para compartir

      Mantén premida a imaxe ou fai clic dereito para gardala.

      Como se xoga

      Chutar, parar e as rachas

      Chutar

      Un só xesto. Pon o dedo en calquera sitio: o lanzador arrinca e a agulla da barra de golpeo corre coa carreira. Sen levantar o dedo, arrástrao para levar a mira amarela onde queres (tocar na portería tamén a leva alí). A mira nunca está quieta: baila en oito arredor de onde apuntas, así que corríxea co dedo ou solta cando pase polo sitio. Solta cando a agulla estea no verde: golpeo perfecto, forte e onde apuntas. Antes sae frouxo e desviado; despois, pasado de forza e por riba. Se non soltas, chuta tarde igual. Canto mellor remata o xogador, máis ancho é o verde; coa presión estréitase segundo o seu temple e a mira baila máis.

      Co rato: apunta, mantén premido e solta no verde · Frechas e espazo

      Parar

      Desliza o dedo cara a onde te botas: a un lado, alto ou raso; canto máis longo o xesto, máis te estiras. Un toque sen deslizar é quedar no medio. O momento conta tanto coma o lado: bótate co verde da barra (o último paso do lanzador) e chegarás ata onde deslizaches; na franxa do medio, estirada perfecta. Se te botas cedo, quedas curto e pode cambiarche o lado; se tarde, non chegas.

      Co rato: arrastra cara a onde te botas (ou clic nese punto) · Frechas (↑ alto, ↓ raso) e espazo no medio

      Trucos e rachas

      Soltar moi cedo apuntando ao medio é unha Panenka. O narrador e o panel do rival dan pistas; non sempre acertan. Tamén podes bailar na liña. Ollo á etiqueta azul de resaca: ese xogador vén directo da festa, a súa mira baila o dobre, a agulla vai a tirones e o verde encolle. Na aliñación, os que non veñen saen en gris coa súa desculpa. Nas rachas tes tres vidas: cada fallo (ou cada gol que che meten) quita unha e cada dez goles (ou tres paradas) dan outra, ata cinco. Para o ranking do mes tes dous intentos ao día en cada racha (tres se recibes as novidades por email); conta a túa mellor marca.

      Esc ou P · pausa

      A Grada

      Neste dispositivo ·

      Cada un baixa da grada e xoga contigo cando consegues a súa medalla.

      A Vitrina

      Neste dispositivo ·

      As túas cifras

      Ranking do mes

      Ranking

      Cargando…

      Ata 12: letras, números, espazos e _ - . O teu equipo (opcional: suma no ranking de equipos)

      Axustes

      A miña conta

      Aviso legal

      Titular
      Ricardo Manuel González Lede (NIF 39511531S), para Parque FC. Avenida de Ramón Nieto, 34, 36205 Vigo (Pontevedra). Contacto: parquefc@parquecreativo.gal.
      O xogo
      Pena máxima é un xogo gratuíto. Os valos son dos patrocinadores do club e no inicio hai un pequeno espazo para as novidades de Parque e, ás veces, anuncios. Ningún deles te segue nin garda nada no teu teléfono.
      Que se garda
      Neste teléfono, o teu progreso e as túas opcións, no almacenamento do navegador. Sen cookies de seguimento nin de publicidade. Para saber como se usa o xogo cóntanse, en conxunto, as visitas, as pantallas, as partidas e as veces que se ve e se toca o espazo de novidades, sen cookies, sen gardar nada no teléfono e sen identificarte. Coas contas: o progreso (cifras, medallas e alcume), as túas rachas do ranking do mes (os intentos de cada día e a marca de cada un), o teu equipo da liga (se o escolles), os días que xogas (e cantas partidas) e, se gardas a conta, o teu email ou a túa conta de Google.
      Para que
      Para gardar o progreso, recuperalo noutro teléfono e os rankings do mes (as rachas e os equipos), onde só saen o alcume e o equipo; para mandarche as novidades de Parque por email (plans para a comunidade, xogos novos, sorpresas e ofertas de Parque FC e Parque Creativo), só se o pides (podes deixalo cando queiras); e para saber, en conxunto e sen nomes, canta xente xoga e canto. Non se venden nin se ceden. Base legal: prestarche o servizo que usas; para as novidades, o teu consentimento; e, para as cifras de conxunto, o interese do club en saber como se usa o xogo.
      Menores
      Se tes menos de 14 anos, pídelles permiso aos teus pais ou titores antes de gardar a conta cun email.
      Quen os trata
      Por conta do titular: Supabase (as contas e os datos, en servidores da Unión Europea, en París), Brevo (o envío dos correos: o código e as novidades) e Cloudflare (a web e o reconto de visitas, sen cookies).
      Canto tempo
      Mentres teñas a conta. Ao borrala (Axustes → Conta → Borrar a conta) bórrase todo, tamén as marcas do ranking.
      Os teus dereitos
      Podes ver, corrixir ou borrar os teus datos, ou opoñerte ao seu uso, escribindo a parquefc@parquecreativo.gal. Se cres que non se respectan, podes reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos (aepd.es).
      Ranking do mes
      O premio, quen pode gañalo e como se entrega, nas bases.
      Todo o detalle
      Aviso legal e condicións de uso, política de privacidade e cookies.

      Créditos

      Un xogo de
      Parque FC. Os xogadores, os seus nomes e as súas caras son os do equipo.
      Fotos dos menús
      Feitas co propio xogo: os xogadores 3D e o campo, coa luz de cada hora.
      Xogadores 3D
      Feitos a partir de «Maradona 3d model», de Peter Charles, con licenza CC BY 4.0. Modificado: axustado ao noso esqueleto e simplificado, con cabeza, pelo e texturas propias.
      Voz do narrador
      Paulo, do Proxecto Nós (Universidade de Santiago de Compostela), adestrada co corpus CRPIH_UVigo-GL-Voices (CC BY 4.0). Transcrición fonética con Cotovía (Universidade de Vigo e Centro Ramón Piñeiro, GPL 3).
      Contas
      Na web, con Supabase e a súa librería supabase-js (licenza MIT).
      Tipografías
      Red Hat Display, Pinyon Script e Graduate (SIL Open Font License).
      Valos
      Os patrocinadores de Parque FC.

      Instagram · @parque.futbol.club

      Queres visitar o noso Instagram?

      Ábrese nunha pestana nova. O partido espera.

      Si, imos