Parque Creativo

Privacidade

Responsable
Ricardo Manuel González Lede (NIF 39511531S), para Parque Creativo e Parque FC. Avenida de Ramón Nieto, 34, 36205 Vigo (Pontevedra). Contacto: parquefc@parquecreativo.gal. Isto vale para esta web e para os xogos Pena máxima e A Porra de Parque.
Novidades por email (a newsletter)

Se te apuntas (na web ou nos xogos): o teu email, o idioma, dende onde te apuntaches e as datas da subscrición e da confirmación.

Para mandarche as novidades de Parque: plans para a comunidade, xogos novos, sorpresas e vantaxes para quen está na lista, e tamén lanzamentos e ofertas de Parque FC e Parque Creativo (roupa, eventos e a tenda). Na Pena máxima, estar na lista dá un intento máis ao día en cada racha.

Base legal: o teu consentimento, que confirmas co enlace que che chega por correo ou co código co que gardas a conta. Podes retiralo cando queiras co enlace que vai en cada correo, dende a túa conta nos xogos ou escribíndonos.

Reservas na tenda
O teu email, o produto, a cantidade e a data, para avisarte de se o produto se fai, do prezo final e de como pagalo. Base legal: a túa petición antes dunha posible compra.
Contas dos xogos

Sen rexistrarte, ao xogar créase unha conta anónima: un identificador ao chou, sen nome nin email. Nela gárdanse o teu progreso (cifras, medallas e marcas), o alcume, a túa liga e o teu equipo se os escolles, os teus resultados da porra, os grupos nos que estás e os días que xogas.

Se gardas a conta: tamén o teu email ou, se entras con Google, o email, o nome e a foto que nos pasa Google. Na Porra podes subir unha foto de perfil.

Para que: para que funcionen os xogos (gardar o progreso, recuperalo noutro móbil, os grupos e os rankings) e para saber, en conxunto e sen nomes, canta xente xoga e canto. Base legal: prestarche o servizo que pides, segundo as condicións de uso; para as cifras de conxunto, o noso interese lexítimo en saber como se usan os xogos.

Quen ve que: nos rankings e nos grupos só saen o alcume, a foto (na Porra), o equipo e os puntos. Os teus resultados da porra non os ve ninguén ata o peche da xornada; despois, os membros dos teus grupos. O email non o ve ninguén.

Avisos no móbil
Se activas os avisos da Porra, gardamos a subscrición do teu navegador (un enderezo técnico e unhas claves, sen datos teus) para mandarche o recordatorio do venres. Base legal: o teu consentimento, ao activalos; desactívalos cando queiras na túa conta ou no navegador.
Aviso por email da Porra
Se xogas á Porra coa conta gardada co email, o venres pola mañá podemos mandarche un email cando che faltan resultados da xornada (os partidos que faltan e, se xogas en grupo, como vai o teu grupo). É un aviso do servizo que usas, non publicidade. Base legal: o noso interese lexítimo en avisarte antes do peche; quítase cun clic co enlace de cada email ou en A miña conta.
Opinións
Se nos mandas a túa opinión dende a Porra, gardamos o texto co teu alcume e, só se o pides, o email da túa conta para responderche. Para mellorar os xogos. Base legal: o teu consentimento ao mandala. Gardámola como moito un ano.
Visitas e seguridade

Cloudflare, que serve a web, conta as visitas sen cookies e sen identificarte.

Os xogos tamén contan, en conxunto, como se usan: cada visita, pantalla, partida ou botón suma un a unha cifra do día (por exemplo, cantas visitas chegan dende Instagram, cantas son dende un iPhone, cantas partidas de cada modo se xogan ou canto tempo se queda a xente). Non se garda nada no teu dispositivo nin vai ningún identificador nin a túa conta, e se o teu navegador pide non ser rastrexado (Global Privacy Control ou Do Not Track), non se conta nada.

Cloudflare e Supabase gardan durante uns días rexistros técnicos (como o enderezo IP) para que a web funcione e para protexela de abusos. Base legal: o noso interese lexítimo en saber como se usan os xogos e na seguridade da web.

Quen máis os trata

Non se venden nin se ceden. Trátanos por conta do titular, só para o que se di aquí:

  • Supabase: a base de datos e as contas, en servidores da Unión Europea (París).
  • Brevo (Francia): o envío dos correos, os do código e os das novidades.
  • Cloudflare: a web e o reconto de visitas.
  • Google: só se entras con Google, para identificarte.

Supabase, Cloudflare e Google son empresas con sede nos Estados Unidos. Os datos gárdanse na Unión Europea, pero se algún dato sae dela faino coas garantías que pide a lei: o Marco de Privacidade de Datos UE-EUA ou as cláusulas contractuais tipo da Comisión Europea.

Canto tempo
  • Novidades: ata que te deas de baixa.
  • Reservas: ata que se peche a venda dese produto, ou antes se o pides.
  • Contas: mentres as teñas. Ao borrar a conta (dende os propios xogos) bórrase todo, tamén as marcas dos rankings. As contas anónimas que leven máis dun ano sen xogar pódense borrar.
  • Opinións: como moito un ano.
Menores
Se tes menos de 14 anos, pídelles permiso aos teus pais ou titores antes de gardar a conta co email ou de apuntarte ás novidades.
Os teus dereitos
Podes pedir ver os teus datos, corrixilos, borralos, levalos a outro sitio, limitar o seu uso ou opoñerte a el, e retirar o consentimento cando queiras, escribindo a parquefc@parquecreativo.gal. Respondemos nun mes como moito. Se cres que non se respectan, podes reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos (aepd.es). Non tomamos decisións automáticas sobre ti nin facemos perfís.
Máis
O que se garda no teu navegador, en cookies; quen somos e as normas de uso, no aviso legal.

Última actualización: 16 de outubro de 2026.

← Volver

parquecreativo.gal · Aviso legal · Privacidade · Cookies