Parque Creativo

Cookies

En dúas palabras
Nin cookies de publicidade nin de seguimento, nin nosas nin doutros. Só gardamos no teu navegador o imprescindible para que a web e os xogos funcionen, e por iso non che pedimos permiso nin che sae ningún aviso (é o que permite o artigo 22.2 da Lei de servizos da sociedade da información). Para saber como se usan os xogos, contamos as visitas e os toques en conxunto, sen cookies e sen gardar nada no teu dispositivo (explícase na política de privacidade).
O que se garda
  • A túa sesión (parquefc.conta): a conta dos xogos, a mesma na Pena máxima e na Porra, para que non teñas que entrar cada vez. Ata que peches sesión.
  • A Pena máxima (parquefc.penaltis.v1, pd-ranking-v1, pd-intento, pd-escudos): o teu progreso, as túas opcións, o alcume, o intento do ranking que estás xogando e a lista de escudos.
  • A Porra de Parque (pm-porra, pm-porra-meus, pm-porra-datos, pm-porra-escudos): a túa liga e o teu equipo, os resultados que aínda non chegaron ao servidor e unha copia dos partidos para abrila sen cobertura. Como app, garda tamén a páxina (service worker) para abrir sen conexión.
  • Entrar con Google (parquefc.conta.volta, pm-porra-volta e a clave de verificación da conta): só uns minutos, mentres vas e volves de Google.

Todo isto queda no teu navegador (almacenamento local), non se usa para seguirte e ningunha outra web o pode ler. O que se garda de verdade na túa conta explícase na política de privacidade.

De fóra
Cloudflare, que serve a web, pode poñer unha cookie técnica de seguridade para distinguir as persoas dos robots; non serve para seguirte. Se escolles entrar con Google, Google pon as súas propias cookies na súa web, segundo a súa política. As ligazóns a Instagram ou a outras webs só levan alá: non cargamos nada delas aquí.
Como borralo
Nos axustes do teu navegador, borrando os datos deste sitio. Ollo: perderás o que non estea gardado nunha conta co email.

Última actualización: 16 de outubro de 2026.

← Volver

parquecreativo.gal · Aviso legal · Privacidade · Cookies